Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan en helicóptero un operario ferido ao caerlle enriba unha árbore en Oza-Cesuras

Evacúan en helicóptero un operario ferido ao caerlle enriba unha árbore en Oza-Cesuras

O home traballaba na parroquia de Cutián e foi trasladado ao Hospital Universitario da Coruña

Helicóptero medicalizado do 061 Helicóptero medicalizado do 061
G24.gal 07/10/2025 16:39

Evacúan un operario en helicóptero ao hospital despois de caerlle enriba unha árbore mentres traballaba na parroquia de Cutián, no municipio coruñés de Oza-Cesuras.

O aviso produciuse pouco antes das 12:30 horas, cando un compañeiro alertou de que o home quedara atrapado baixo unha árbore, aínda que lograran retirala, e precisaba atención sanitaria urxente.

O 112 solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e do GES de Curtis.

O servizo sanitario mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que trasladou ao ferido ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade