"Non sei nin como saín da auga": o curmán do desaparecido nos Peares di que o caiac envorcou polo aire
"Non sei nin como saín da auga": o curmán do desaparecido nos Peares di que o caiac envorcou polo aire
"Levabamos o chaleco, pero cando estabamos chegando quitámolo, porque estaba todo tranquilo, e foi cando aconteceu a desgraza", conta
Sen avances na cuarta xornada de busca
Buscan un mozo que caeu ao Miño tras envorcar o seu caiac en Carballedo
Cuarto día de dispositivo para tentar atopar o mozo desaparecido logo de envorcar o seu caiac no encoro dos Peares. Nesta zornada contaron coa colaboración do curmán do mozo que viaxaba canda el no momento do suceso. Hoxe contáballe á Galega como aconteceu todo, e amosaba a súa confianza en atopar o seu curmán.
"Estamos todos con esperanza de atopalo".
Explica que estaban xa preto da beira, que a situación parecía normal, pero que de súpeto chegou un golpe de aire que fixo envorcar a embarcación.
"O caiac envorcou polo aire, foi iso, non soubemos que facer. Estabamos navegando, xa chegando, e foi cando veu un aire e envorcou".
Asegura que levaron o chaleco posto ata o último momento.
"Levabamos o chaleco, pero cando estabamos chegando quitámolo, porque estaba todo tranquilo, e foi cando aconteceu a desgraza".
"Non sei non como saín da auga, se che digo a verdade". Andei bastante e ao final atopei alguén. E grazas a eles puiden chamar a policía".
Nas últimas horas sumáronse ao operativo drons subactuáticos e aéreos, polo de agora sen resultado. A orografía complicada e a turbidez da auga, dificultan os traballos dos equipos de emerxencia despregados no lugar.