Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home tras caer ao río en Dumbría

Falece un home tras caer ao río en Dumbría

O falecido fora pescar e foi a súa muller a que o atopou morto

G24.gal 10/04/2026 19:39

Un home faleceu na tarde deste venres tras caer ao río na parroquia de Olveiroa, no municipio de Dumbría. Aconteceu preto do encoro de Ponte Olveira. O home, duns 70 anos, fora pescar. Como tardaba en volver, a súa muller achegouse ao lugar e foi quen atopou o corpo.

O operativo de rescate activouse de forma inmediata ás 18.10 horas tras recibirse no 112 Galicia a chamada dun particular, que alertaba da caída e indicaba que, polos signos que presentaba, a persoa podería estar xa falecida.

 

O 112 mobilizou o 061, os Bombeiros de Cee, Garda Civil e os efectivos de Protección Civil da localidade. Malia a rápida mobilización, os equipos de emerxencia desprazados ao lugar só puideron confirmar o falecemento do home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade