Cargando resultados...
Feridas nai e filla tras chocar co se vehículo contra un canal de drenaxe en Santiago
As mulleres, de 65 e 80 anos, foron trasladadas en ambulancia a un centro hospitalario
G24.gal
18/05/2026 13:08
Accidente en Santiago na mañá dese luns. Unha nai e a súa filla, de 80 e 65 anos respectivamente, esnafraron o seu coche tras bater contra un canal de drenaxe. Ocorreu na estrada que vai cara a Santa Comba, á altura de Pardaces.
A condutora, de 65 anos, despistouse e, como consecuencia do impacto, o coche envorcou.
O frontal quedou desfeito e a nai quedou encaixada no cadro de mandos. Ambas as dúas foron trasladadas en cadansúa ambulancia, pero, a priori, sen lesións graves.