Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o condutor dun quad que caeu por un cantil en Ribadeo

Morre o condutor dun quad que caeu por un cantil en Ribadeo

Un helicóptero do Servizo de Gardacostas rescatou na auga o corpo do mozo de 23 anos

A vítima perdeu o control do vehículo mentres facía unha ruta á beira do mar cun amigo

FOTO/Policía Local de Ribadeo FOTO/Policía Local de Ribadeo
G24.gal 16/05/2026 18:11 Última actualización 16/05/2026 18:49

Un mozo de 23 anos, veciño de Ribadeo, faleceu este sábado tras sufrir un accidente mentres facía unha ruta en quad cun compañeiro á beira do mar pola parroquia de Piñeira.

Segundo o Policía Local, a vítima perdeu o control do vehículo e caeu por un cantil ata o mar por causas aínda sen determinar. O Pesca 2 baixou a guindastre e puido sacar o corpo da auga.

O amigo alertou o 112 sobre as 14:30 horas e o servizo de emerxencias avisou a Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia que enviaron o helicóptero e unha embarcación.

Tamén participaron no operativo, axentes da Garda Civil e da Policía Local, membros de protección civil e persoal sanitario do 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade