Aparece un corpo sen vida flotando no porto de Escarabote, en Boiro
Ao chegar ao lugar do suceso os equipos de intervención lograron recuperar o corpo da auga
Nestes momentos as forzas da orde traballan no punto para tratar de esclarecer as circunstancias do acontecido
O corpo sen vida dun home foi localizado este luns flotando no porto de Escarabote, en Boiro. Segundo informa o 112, o achado do corpo dunha persoa que se atopaba na auga produciuse sobre as 12:20 horas da mañá deste luns.
Foi un particular o que alertou sobre a presenza do corpo nese punto. De xeito inmediato, desde a sala de operacións do 112 pasouse aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Ao chegar ao lugar do suceso os equipos de intervención lograron recuperar o corpo da auga. Nestes momentos, as forzas da orde traballan no punto para tratar de esclarecer as circunstancias do acontecido.