Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un sismo de magnitude 5,2 no sur da China deixa dous mortos, un ferido e 7.000 evacuados

Un sismo de magnitude 5,2 no sur da China deixa dous mortos, un ferido e 7.000 evacuados

O terremoto causou a derruba de 13 vivendas e o traslado de catro persoas ao hospital, todas elas fóra de perigo

REUTERS REUTERS
G24.gal 18/05/2026 08:35

Un terremoto de magnitude 5,2 sacudiu este luns a rexión meridional chinesa de Guangxi, causando polo menos dous mortos, un ferido e a evacuación dunhas 7.000 persoas, informaron este luns medios estatais.

O sismo produciuse o distrito de Liunan (cidade de Liuzhou) ás 00:21, hora local, a unha profundidade de oito quilómetros, segundo o Centro de Redes Sismolóxicas da China.

A axencia oficial Xinhua informou nun primeiro balance da morte de dúas persoas, outra desaparecida, mentres que a canle estatal CCTV indicou posteriormente que os equipos de rescate localizaron á 11:10, hora local, á última persoa atrapada na zona afectada da comunidade de Taiyangcun, no municipio homónimo do distrito de Liunan. Segundo a canle, o sobrevivente foi rescatado con signos vitais estables e trasladado a un hospital para recibir tratamento.

A sacudida sentiuse en varias cidades de Guangxi, entre elas Liuzhou, Guilin e a capital rexional, Nanning, de acordo con medios estatais.

A Xefatura de Resposta Antisísmica e de Socorro de Liuzhou activou un protocolo de emerxencia tras o terremoto e coordinou aos servizos de emerxencias, bombeiros e seguridade pública para as tarefas de procura, rescate e traslado da poboación afectada.

As autoridades iniciaron ademais unha revisión de vivendas, sistemas de subministración de auga e electricidade, estradas principais, pontes, minas e puntos con risco de desastres xeolóxicos.

Nun balance anterior, a xefatura informara de que ata as 4:00, hora local, o terremoto causara a derruba de 13 vivendas e o traslado de catro persoas ao hospital, todas elas fóra de perigo.

As autoridades engadiron entón que máis de 7.000 aldeáns foron evacuados e que as comunicacións, a subministración eléctrica, o abastecemento de auga, o gas e as estradas na zona afectada funcionaban con normalidade.

Ademais do terremoto principal rexistráronse outros movementos sísmicos de menor intensidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade