Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo arranca unha nova campaña para a eliminación de niños de gaivota en zonas de novos asentamentos

Vigo arranca unha nova campaña para a eliminación de niños de gaivota en zonas de novos asentamentos

A campaña estará en vigor ata o 14 de agosto e, ademais da eliminación de ovos e niños, prevé a recollida de aves feridas e crías caídas

O servizo foi adxudicado a unha empresa privada que prevé responder aos avisos nun prazo de 48 horas

G24.gal 18/05/2026 14:33

O Concello de Vigo arranca hoxe a campaña para controlar as gaivotas que adoitan asentarse nos edificios. Dende hoxe xa se pode solicitar a retirada de niños, crías ou exemplares feridos. O obxectivo é evitar danos nos tellados e instalacións das vivendas.

Hai zonas especialmente sensibles á presenza destas aves, como a vila de Bouzas, con tellados antigos e casas sen habitar. As gaivotas forman parte da paisaxe urbana.

"Ruído, suciedade, atascan os canalóns, fan os niños en calquera lado. Temos toda a cuberta picada, porque é de poliuretano, está oco polo medio e claro, ao picar abren burato e entra a auga, quedando todo sucio", comenta Juan Manuel Portas, presidente da Asociación de Veciños da Vila de Bouzas.

Con campañas como a que comeza hoxe, lograron reducir de xeito considerable os niños que as gaivotas construían en balcóns, azoteas e recunchos dos tellados.

"Nótase moito, a verdade, porque aquí había moita cantidade e agora hai menos. será, enntendo, pola retirada de niños, porque din que baixou o censo de gaivotas", sinala o presidente veciñal.

O Concello de Vigo volve poñer en marcha unha nova acción de control e retirada de niños. Está en vigor ata o vindeiro 14 de e inclúe a recollida de exemplares adultos feridos e crías caídas. Ata o 18 de xuño acometerase a retirada manual de niños e ovos, limpando os restos, para evitar que causen danos en cubertas e canalizacións.

"Apareceu unha gaivota morta no noso canalón. Antes víanse máis nos tellados e onde rematan os acensores, agora hai menos, pero seguen facendo niños", asegura un veciño da zona vella de Vigo.

Máis difícil é controlar a actividade das aves en terrazas e lugares de lecer, onde os animais atopan alimento con facilidade. O problema é que causan importantes danos cando se lanzan pola comida.

"Moitos porblemas, tíranme a louza e rómpenme de todo. Teño unha cadela que se bota a elas e espántaas un pouco, porque, se non, é de medo, imposible con elas. En canto se erguen os clientes, xa se lanzan a pola comida e tiran con todo", comenta Fermín, propietario dunha cafetería na rúa Paseo de Alfonso. "Se te descoidas un segundo, axiña se lanzan sobre a mesa, collen os croissants ou o que haxa de bolería. E claro, non é culpa dos clientes, así que repoñemos o que pidan", conta tamén outra hosteleira da mesma rúa.

O Concello vigués adxudicou o servizo a unha empresa que promete atender os avisos nun prazo de 48 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade