Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Muralla de Lugo, unha das maiores colonias de cirrios na Península

A Muralla de Lugo, unha das maiores colonias de cirrios na Península

Milleiros de exemplares desta especie chegan na primavera dende o sur de África para criar nos ocos do munumento

As aves voan veloces onda a torre da Mosqueira na procura de alimento
Félix Aragunde. Imaxe: David Barreiro. 22/05/2026 14:04

Nas primeiras horas da mañá e nas últimas da tarde é posible ver milleiros de cirrios sobrevoando o centro de Lugo. Tras percorreren miles de quilómetros dende o sur de África, a mediados da primavera chegan para criar nos ocos da muralla romana, onde forman a colonia máis importante de Galicia e unha das maiores da península.

Ofrecen, por tanto, un espectáculo digno de ser contemplado e oído.

"É un espectáculo da natureza que temos a sorte de compartir no centro dunha cidade como é Lugo, algo que nos diferencia doutras. Ver como a muralla puido non só integrar os habitantes, senón tamén a natureza desta zona, precisamente nun lugar que é Reserva da Biosfera", sinala Beatriz Pérez Pereira, guía de Turismo de Galicia. 

Exemplar de cirrio pousado onda un niño nun oco dun cubo Exemplar de cirrio pousado onda un niño nun oco dun cubo

A súa colonia de cirrios é a principal razón pola que a Muralla de Lugo non só se considera un ben cultural Patrimonio da Humanidade. Tamén conforma un patrimonio natural que cómpre preservar para as xeracións vindeiras.

Os cirrios figuran entre as aves co voo máis rápido de todo o mundo. Unha vez acaben de criar, ao longo da canícula do verán volverán ao sur do Ecuador en cuestión de días, a velocidades sostidas de ata 170 quilómetros por hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade