O artista lucense Fran Bobadilla quere levar a muralla romana polo mundo
Realiza un proxecto que plasma os segredos da muralla nunha lona de 60 metros
As exposicións comezarán en febreiro no Museo Interactivo da Historia de Lugo
Os lucenses teñen un novo veciño neste mes de setembro: o artista Fran Bobadilla, que volve a súa cidade na primeira fase de Genius Loci, un proxecto de investigación artística que quere explorar a pegada, memoria e identidade da muralla romana.
"Estou collendo as pegadas cun po de grafito. Despois teremos unha segunda etapa de ida e volta cun grafito distinto para poñela no chan e cun grafito un pouco máis graso vou coller tamén as formas da terra", comenta o artista
É a técnica do frottage nun lenzo de 60 metros que , xunto a outros elementos, vai formar parte dunha exposición.
"Imos expoñer a peza única de 60 metros nun bastidor máis o documental que esta facendo Iván Castiñeiras máis todo o traballo que estamos facendo ca Complutense de Madrid na parte tridimensional e o escaneado", comenta Bobadilla
O obxectivo final e que a muralla percorra o mundo.
"Estamos en contacto con UNESCO Madrid para levar o proxecto as outras provincias galegas e todo o territorio nacional e Italia. Se gusta e a cosa funciona daremos a volta ao mundo", anuncia tamén o artista
Pero antes desa volta ao mundo, os lucenses poderán ver o resultado o próximo mes de febreiro no museo Interactivo da Historia de Lugo.