Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un home en Lugo dunha pedrada na cabeza dende a muralla

Ferido un home en Lugo dunha pedrada na cabeza dende a muralla

A Policía Local investiga a autoría da agresión, rexistrada nunha zona concorrida próxima á Porta de San Pedro

Lugar do adarve da muralla dende onde se tirou a pedra
Félix Aragunde. Imaxe: David Barreiro. 19/06/2026 14:10

Un home resultou ferido na cabeza, dunha pedrada, cando pasaba a rentes da muralla de Lugo. Sucedeu nunha zona concorrida, situada a escasos metros da Porta de San Pedro.

Contra o mediodía, alguén tirou dende o adarve un croio de tamaño considerable que lle abriu unha fenda á vítima cunha aresta cortante. Segundo relatan algunhas das numerosas testemuñas, daquela comezou a sangrar profusamente. 

Ata o lugar acudiron varias patrullas da Policía Local de Lugo. De feito, os axentes foron os primeiros en asistir o ferido. Agora, están a realizar pesquisas para identificar a quen corresponde a autoría da agresión. 

Tras ser auxiliada por testemuñas e axentes, a vítima tivo que ser trasladada ao HULA, onde lle practicaron as correspondentes curas e avaliaron o alcance das feridas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade