Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Roteiro de Aves en Samos fai as delicias dos máis curiosos

O Roteiro de Aves en Samos fai as delicias dos máis curiosos

Decenas de persoas participan na xornada de observación organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio

G24.gal 31/05/2026 20:45

Pasar a mañá observando aves é un dos mellores plans que podemos ter nun domingo onde o tempo acompaña. E por iso que a Asociación Galega de Custodia do Territorio organiza o xa tradicional roteiro polo Monte de Toca, en Samos, onde podemos atopar moitos tipos de ave.

"De campiña e tamén páxaros máis forestais xa que atopamos bosques en bo estado de conservación. Agora nesta zona máis de mosaico viñamos escoitando paspallás", comenta Óscar Rivas, da Sociedade Galega de Custodiado Territorio.

Moitos dos participantes veñen da cidade, buscando tamén algo de desconexión ao mesmo tempo que aprenden cousas novas.

"Veño buscando coñecer espazos novos pero ao mesmo tempo quero tamer estar con xente que aporta moito coñecemento", comentaba unha das participantes.

Unha actividade que desenvólvese nunha zona afectada polos lumes no 2017. Con eventos como o de hoxe buscan darlle vida de novo, ademais de todo o que fan o resto do ano.

Darlle vida ao monte e gozar das aves, un moi bo plan de domingo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade