Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medra o interese de ornitólgos por expedicións coma a do Hondius para observar aves únicas

Medra o interese de ornitólgos por expedicións coma a do Hondius para observar aves únicas

O Atlántico sur, onde se concentra o maior número de especies mariñas peláxicas coma os albatros ou os pingüíns

Galicia e os seus cabos son tamén lugares privilexiados para observar as rutas migratorias das aves

G24.gal 08/05/2026 14:47

A ornitoloxía máis que unha afección é un xeito de vida, e expedicións coma a do Hondius dan a posibilidade de observar as aves imposibles de ver desde terra e nun hábitat, o Atlántico sur, onde se concentra o maior número de especies mariñas peláxicas.

 "Coma os albatros, as aves máis atractivas e as máis grandes, ou os pingüinos", explica Xabier Vázquez, biólogo e ornitólogo.

No mundo da ornitoloxía hai unha tendencia crecente por estas viaxes, hai quen pasa anos aforrando para vivir esta experiencia única.

 "Van permitir a identificación que nunca vamos poder encontrar no noso ambiente", comenta Jesús Domínguez, profesor de Zooloxía da USC.

O turismo ornitolóxico está en alza, e Galicia e os seus cabos son lugares privilexiados para observar as rutas migratorias das aves mariñas. 

 "Hai que ter en conta a posición de Galicia, nesa esquina da Península que se introduce no Atlántico", engade o ornitólogo Xabier Vázquez. 

Obsérvanse desde terra, pero tamén a bordo dalgún dos barcos que percorren as nosas rías. Os científicos estiman que no planeta hai 11.000 especies de aves, a maioría mariñas, moitas só observables desde mar aberto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade