Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Hospital Gómez Ulla de Madrid, preparado para recibir os 14 pasaxeiros españois

O Hospital Gómez Ulla de Madrid, preparado para recibir os 14 pasaxeiros españois

Descoñécese en que medio de transporte chegarían a este hospital, ambulancia ou helicóptero medicalizado

Os pasaxeiros do barco accederán por unha porta especial sen acceso para o resto de usuarios

Sanidade fixa a corentena obrigatoria no Gómez Ulla para os españois do barco

G24.gal 08/05/2026 14:13 Última actualización 08/05/2026 16:21

Os 14 españois que van a bordo do barco MV Hondius van ser trasladados a Madrid desde As Canarias en canto fondee en Tenerife. En principio, ao non estaren contaxiados, os pasaxeiros españois utilizaran unha planta específica, non na de illamento especial, onde só ingresarían se tivesen síntomas.

Polo de agora tampouco se coñece en que medio de transporte chegarían a este hospital, ambulancia ou helicóptero medicalizado. Pero si que accederían por unha porta especial sen acceso para o resto de usuarios.

Neste hospital foi onde ao comezo da pandemia da covid-19 pasaron a corentena os cidadáns españois evacuados dende A China.

Sanidade fixa a corentena obrigatoria no Gómez Ulla para os españois do cruceiro

A Comisión de Saúde Pública aprobou o protocolo de manexo dos pasaxeiros do cruceiro afectado por un brote de hantavirus e que establece, entre outras medidas, corentenas obrigatorias no Hospital Gómez Ulla os españois que estivesen no buque desde o 1 de abril ou que sexan contacto con casos confirmados.

Á súa chegada ao centro, faráselles unha proba PCR e outra aos 7 días; durante o tempo que se prolongue a corentena, durante a que se levará a cabo unha vixilancia activa que inclúe o rexistro da temperatura dúas veces ao día para detectar precozmente calquera síntoma compatible coa infección, os cruceiristas deberán permanecer en cuartos individuais e sen recibir visitas.

Calquera contacto que desenvolva síntomas como febre, disnea, mialxias ou vómitos, será trasladados de inmediato a un cuarto de illamento con presión negativa. De confirmarse o positivo mediante proba de laboratorio, o paciente ingresará na Unidade de Illamento e Tratamento de Alto Nivel (Uatan) do centro ata a súa recuperación clínica.

Así o detallou o secretario de Estado de Sanidade, Javier Padilla, nunha rolda de prensa conxunta coa secretaria xeral de Protección Civil e Emerxencias, Virginia Barcones, na que están a detallar o dispositivo de evacuación e repatriación dos pasaxeiros do MV Hondius á súa chegada a Tenerife o domingo. 

O protocolo, que saíu coa unanimidade de todas as comunidades e o Ministerio, establece as definicións de contacto, caso confirmado e caso sospeitoso ou probable, pero non limita unha duración concreta da corentena; iso si, vai ser "moi estrita" durante os primeiros 7 días, tras o cal repetirase a PCR e procederase a unha reevaluación da situación.

Desde o día 28 de abril non houbo constancia da aparición de síntomas en ningún pasaxeiro, e isto "é importante, porque cada día que imos sumando é un día máis que nos achegamos ás áreas de baixa probabilidade de aparición de síntomas e polo tanto, ás áreas de baixa probabilidade de que houbese unha nova transmisión".

A duración tamén vai depender "moito do que ocorra unha vez baixen do barco", xa que se aparecesen novos casos, habería que reavaliar a situación para analizar os contactos.

Por outra banda, o protocolo outorga un "especial coidado" á situación psicolóxica dos pasaxeiros, para o que a comisionada de Saúde Mental do Ministerio de Sanidade, Belén González, "está xa en contacto co persoal do Hospital Gómez Ulla para poñer en marcha un programa de seguimento psíquico e emocional" para darlles soporte.

Incorpora ademais medidas detalladas de bioseguridade para o persoal sanitario, de laboratorio e de limpeza, incluíndo o uso de equipos de protección individual, protocolos de manipulación e transporte de mostras biolóxicas e procedementos de limpeza e desinfección adaptadas ao nivel de risco biolóxico asociado ao virus Andes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade