Publicador de contidos

Publicador de contidos

Creatividade, tradición e sentido do humor, no concurso de espantallos do río Barbeira, na Lama

Creatividade, tradición e sentido do humor, no concurso de espantallos do río Barbeira, na Lama

As creacións colócanse nunha ruta de catro quilómetros ao longo das beiras do río

Un dos espantallos que compite na categoría tradicional
G24.gal 26/05/2026 14:09

Os espantallos eran bonecos de palla que se colocaban tradicionalmente nas leiras ou hortas para espantar os paxaros e evitar así que comeran a semente ou os froitos. A asociación de veciños da Escuadra no concello da Lama leva 15 anos organizando un concurso de elaboración de espantallos que colocan ao longo de 4 quilómetros da ruta do rio Barbeira. Un roteiro que se creou coa axuda dos internos da prisión da Lama no ano 2009, segundo conta o presidente da Asociación de Veciños, Daniel Vidal.

O concurso de espantallos do rio Barbeira premia dúas modalidades: tradicional e libre. As creacións dos veciños son do máis variado: desde os tradicionais de palla, ata as figuras máis orixinais e sempre cargadas de humor.

Traballan para que non se perda a tradición de elaborar espantallos pero á vez buscan tamén dinamizar a vida nas aldeas. Que a exposición de espantallos sexa un atractivo turístico.

Hai creacións coas que aproveitan para homenaxear aos seus veciños mais ilustres, populares ou benefactores, caso do Conde Cabanelas, o mítico curandeiro, o bruxo Torrado, ou o cantante Rodrigo Cuevas que viviu na Lama nos inicios da súa carreira.

Os internos da prisión da Lama, que fixeron posible a ruta, tamén achegan cada ano os seus espantallos. Estarán expostos ata finais de mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade