Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xardín do Santuario de Fátima constrúese coas prantas doadas ao longo dos anos

O xardín do Santuario de Fátima constrúese coas prantas doadas ao longo dos anos

O traballo constante dos voluntarios permite que sempre haxa algunha especie en flor

 

G24.gal 08/06/2026 20:46 Última actualización 08/06/2026 21:09

'Este ano tivemos uns nísperos estupendos, e para este lado temos as campaniñas, que están moi bonitas' ensínanos, con orgullo, Tito Vázquez, o actual coidador do xardín do Santuario de Fátima.

No santuario de Fátima, no barrio ourensán do Couto, Tito Vázquez encárgase do coidado dun xardín que naceu hai máis de corenta anos e que foi medrando pouco a pouco.

'Había uns ciprés e uns pinos e había que podalos. Acordamos cortalos e empezar a poñer outras plantas. Por exemplo, as palmeras viñeron de Valencia, e a máis grande veu nunha maleta. O 90% do que hai, planteino eu' recorda Jose Luis Acebedo, impulsor do xardín.

Co tempo, este espazo converteuse nun xardín compartido, con veciños que achegan plantas e levan esgallos para as súas casas.

'Eu estou aquí case todos os días. Cando é a época da poda vexo unha e gústame e digo, pois vou por aquí outra pouca. As margaridas da entrada troixéronas da casa do lado' lembra Tito.

Este ano o xardín recuperou as calas, unha flor moi ligada á Virxe de Fátima.

'Cando saía en procesión, hai moitos anos, a carroza ía cuberta de calas, porque eran as flores que había nas hortas. Troixéronme calas, e aquí están.' di Tito Vázquez.

Un xardín moi especial, con flor en todas as estacións, construído sen grandes deseños nin planificación, pero cheo de vida e de coidado veciñal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade