Tati Babukhadia, a xeorxiana que escolleu Lugo para cambiar a vida da súa familia
A familia de Tati atopou en Galicia un novo fogar
Imaxinen ser de Xeorxia, ter que marchar do teu país con cinco fillos e buscar na Wikipedia unha cidade tranquila. Pois iso foi o que fixo fai sete anos Tati Babukhadia. O resultado que ofreceu a Wikipedia foi Lugo.
"É unha cidade maravillosa ca muralla, que me encanta. A cidade ten o seu espírito", reflexiona Tati.
A vida foi ensinándolle leccións, e agora é ela a que quere facelo cos seus fillos. Grazas aos vermes de seda, moi típicos no seu país, ensina a transformación na vida. De algo feo pode saír ata unha bolboreta.
"Cada temos vermes e logo, bolboretas. Creo que ca transformación eu podo ensinarlles aos meus fillos moitas cousas. Como vivimos e como podemos pasar dun "bicho" a unha bolboreta", comenta Tati.
Agora prepara xa un libro para comezar unha carreira no mundo da literatura e ten claro que o seu futuro pasa por Galicia, onde descubriu, con traballo, a hospitalidade das súas xentes.
De Xeorxia a Lugo na procura dunha mellor vida que, sen dúbida, atopou.