Os peregrinos enchen Santiago no día grande de Galicia
Moitos peregrinos recoñecen ter planificado a chegada para vivir a efeméride máis intensamente
Na véspera da festividade do Apóstolo, pasaron pola oficina do peregrino preto de catro mil camiñantes
Os poucos quilómetros que faltaban para chegar a Santiago animaban a moitos peregrinos a esquecer o esgotamento do camiño e acelerar o paso.
"Fago o camiño por tramos. Cada ano ando sete días e desta vez xa saín de Sarria a Santiago", confesa unha peregrina procedente de Valladolid.
Son 293.000 camiñantes os que chegaron a Santiago no que vai de ano segundo a oficina do Peregrino, un 5% máis que en 2025, no que xa se superaron todos os rexistros.
"Oito camiños feitos levou eu e é que o necesito para vivir", confesa unha peregrina de Lorca, en Murcia.
Só na xornada de onte rexistráronse 3.700 peregrinos en Santiago de Compostela, a inmensa maioría de fóra. Moitos deles planificaron a ruta para chegar no día grande de Galicia.
"Tiñamos o hotel reservado dende hai un ano para chegar a tempo, porque tiña que ser no día grande. É a cuarta vez que chego e nesta ocasión quería que fose no día de Santiago", relata un camiñante de Castela-León.
Un ambiente de celebración que a moitos xa os leva a pensar en 2027 que se oficiará como Ano Santo Xacobeo, cando o día do Apóstolo cae en domingo.
"Vou facer máis dun camiño, seguro que dous vou facer", adianta unha peregrina namorada da ruta.
Un ano máis Santiago convértese en lugar de concordia e celebración para os camiñantes.