Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comuneiros de San Isidro, na Pobra, denuncian ataques continuos dos lobos sobre os seus xatos

Comuneiros de San Isidro, na Pobra, denuncian ataques continuos dos lobos sobre os seus xatos

Perderon quince puchos nas últimas semanas 

Piden "rozas, queimas controladas e batidas" para conter os ataques

G24.gal 26/05/2026 14:16

O propietario do último pucho que apareceu devorado non ten dúbidas de que foron os lobos.  

"O xoves un compañeiro meu berroulle a dous que estaban atacando un pucho ás oito da tarde. E o meu fillo gravou cinco lobos xuntos", explica Luis Pose Lariño, gandeiro e comuneiro de San Isidro de Posmarcos.

Non deu tempo nin a rexistralo porque só tiña uns días, ao igual que os outros quince xatos atacados nas últimas semanas.

"Este tiña dous días, están comendo os pequenos porque é o primeiro que atacan. Pero cando acaben cos pequenos van aos grandes. No inverno teñen matado algunha besta".

A impotencia medra entre os gandeiros. Cada cría que morre é un golpe no ánimo e no peto.

"Os xatos agora valen pouco pero en cinco meses acadan outro valor e nós precisamos xuntar cartos para pagos e para ter beneficios. Eses puchos que hoxe valen 200 euros nuns meses valerían 500 ou 1.000".

Din que sempre houbo lobo na zona, pero cren que os ataques medraron nos últimos tempos axudados polo abandono do monte. Por iso piden que as administracións competentes tomen medidas canto antes.

"Teñen que rozar o monte, facer queimas controladas e permitir que se fagan batidas, facerse cargo de algo".

Medidas que, para este comuneiro, permitirían recuperar a convivencia entre o gando e a fauna salvaxe nestes terreos que rodean o mirador da Curota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade