Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alertan do risco dos 'peóns tecnolóxicos'

Alertan do risco dos 'peóns tecnolóxicos'

Trátase de xente que camiña pola rúa co móbil na man e con auriculares, que os distraen do tráfico

Os peóns representan o 25 % dos falecidos en accidente de tráfico

 

G24.gal 26/09/2025 14:00

É unha realidade cada vez máis estendida. Abonda con deterse un momento na rúa para ver pasar xente distraída co móbil ou abstraída no que escoitan polos auriculares.

"Ás veces si que pasa, que vas moi concentrado no que fas e non prestas atención por onde vas". "Que pase un coche superrápido e dis: 'Ai, meu Deus! Atropélanme'", comentan dous mozos.

O denominado peón tecnolóxico abunda especialmente en espazos universitarios ou de lecer para a xuventude. Xente de 18 a 25 anos á que lle resulta difícil desprenderse do móbil incluso para camiñar.

"Non me gusta ir sen música". "Eu non concibo ir sen cascos pola rúa se vou eu soa". "Moita xente da nosa idade vai co móbil". "Eu procuro non estar co móbil mentres camiño, pero si que envío moitos audios", sinalan varias estudantes.

As infraccións máis frecuentes son cruzar indebidamente, sen respectar os semáforos e por sitios non habilitados.

"Cando levas auriculares, deixas de percibir os sons do tráfico, que, ademais, cos coches eléctricos, son cada vez máis difíciles de percibir", di Daniel Rey, concelleiro de Seguridade de Barbadás.

Así e todo, hai que sinalar que o 72 % dos atropelos non son culpa dos peóns, senón dos condutores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade