Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado un home por un incendio que queimou unhas 1.000 hectáreas na Pobra do Brollón

Investigado un home por un incendio que queimou unhas 1.000 hectáreas na Pobra do Brollón

O incendio polo que está sendo investigado foi no mes de agosto no lugar de Golmar

Na Estrada deteñen un home con sete chisqueiros tras provocar un incendio

G24.gal 26/09/2025 15:17

A Garda Civil investiga a un veciño da Pobra do Brollón de 53 anos de idade por un delito de incendio forestal polo lume que arrasou máis de 1.100 hectáreas o pasado mes de agosto nese mesmo municipio da zona sur da provincia.

O incendio cuxa investigación levou á detención do sospeitoso produciuse en agosto, no lugar de Golmar, no termo municipal da Pobra do Brollón, e foi preciso decretar o nivel 2 de alerta pola proximidade do lume ás casas.

O incendio tamén obrigou a interromper a circulación en varias estradas do municipio e estivo suspendido o tráfico ferroviario no tramo entre Monforte de Lemos e Ponferrada. Axentes da Garda Civil adscritos ao EMIIF (Equipo Multidisciplinar de Investigación de Incendios Forestais) iniciaron unha investigación policial para verificar se o lume comezara de forma provocada e verificar a autoría, en caso positivo.

Segundo informou este venres a Comandancia da Garda Civil, "froito da aplicación e a utilización de novas tecnoloxías á investigación", nun "mínimo tempo de instrución", lograron comprobar que o incendio foi debido aos labores de roza realizadas nunha pista coa utilización de maquinaria agrícola.

O instituto armado precisa que as persoas investigadas no que levamos de ano como causantes de incendios forestais "na súa maioría por imprudencias". As causas máis habituais son o incumprimento nas condicións impostas na autorización ou comunicación de queimas, sostén a Garda Civil, que tamén cita outras causas como "imprudencias en traballos forestais". No que vai de ano o EMIIF investigou a oito persoas como supostas autoras materiais de incendios forestais na provincia de Lugo.

Na Estrada deteñen un home con sete chisqueiros tras provocar un incendio

Axentes da Garda Civil detiveron un home de 49 anos como presunto autor do incendio forestal que se rexistrou este xoves na Estrada. O arrestado, segundo informou o instituto armado, ten antecedentes policiais e está investigado por un delito de incendio forestal.

Unha testemuña alertou ás autoridades sobre a unha e media da madrugada ao ver a un home que estaba a prender lume ao longo dunha estrada. Ao chegar á zona, os axentes comprobaron que había un contedor de lixo completamente calcinado, e un pouco máis adiante, en dirección á praia fluvial de Liñares, un incendio forestal.

A uns 200 metros do lume, a patrulla da Garda Civil localizou a unha persoa que coincidía coa descrición do suposto autor dos feitos que dera a testemuña.

O home estaba a durmir aniñado e, ao seu lado, había unha bolsa plástica con bebidas alcohólicas e sete chisqueiros. Os axentes procederon á súa detención e ao seu traslado a dependencias policiais. Tras o seu paso a disposición xudicial, o Xulgado de Instrución número 1 da Estrada decretou a súa liberdade con cargos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade