A Xunta denuncia que o Goberno obrigará a pagar impostos polas axudas dos incendios
O conselleiro da Presidencia asegura que as axudas da Xunta estarán libres de impostos
O BNG pídelle ao Goberno que non penalice dúas veces aos afectados
A vaga de incendios deste verán queimou case duascentas casas, pero tamén arrasou cultivos e explotacións gandeiras. Para a reconstrución, os propietarios poden acceder a distintos tipos de axudas. Pero algunhas destas subvencións teñen letra pequena. A Xunta denuncia que o Goberno central obrigará a tributar por elas.
Segundo o conselleiro de Facenda "solicitamos á ministra que na parte estatal, no IRPF por exemplo, tampouco se gravasen estas axudas, para non minguar a capacidade económica que se quere compensar. Pero desestimouno e non está polo labor, por tanto decepción".
O conselleiro engadiu que xa en setembro enviou unha carta ao Ministerio de Facenda solicitando estas exencións, "sen resposta, razón pola que se lle preguntou este luns de novo e respondeu que non".
Para o PP unha decisión ilóxica. Os populares avanzan que Galicia deixará libres de impostos estas axudas. O BNG coincide en que o Estado ten marxe de mellora nas subvencións para os afectados.
A voceira de Facenda do BNG, Noa Presas, sostén que "hai que garantir que as persoas que van ter algunha axuda para a reconstrución, non se vexan afectadas na tramitación de rendas futuras".
De momento, o ministerio de Facenda non se pronunciou. Os medios que participaron na loita contra os incendios, recibiron este martes na Coruña unha homenaxe que estivo presidida polo Delegado do Goberno.