Publicador de contidos

Publicador de contidos

A bolsa cae un 4 % e o gas e o petróleo encarecen polo conflito en Oriente Próximo

A bolsa cae un 4 % e o gas e o petróleo encarecen polo conflito en Oriente Próximo

O parqué madrileño abriu á baixa por segundo día consecutivo, e a media mañá cedía un 4,2 %, ata os 17.000 puntos

O brent sobe un 5 % e o gas dispárase un 25 % tras os ataques dos EUA e Israel contra Irán

EFE/ Altea Tejido EFE/ Altea Tejido
G24.gal 03/03/2026 09:12

Martes vermello na bolsa española afectada pola escalada no conflito en Oriente Medio.

A sesión abría con perdas do 1,54 % e a media mañá o selectivo IBEX 35 cedía un 4,2 %, ata os 17.000 puntos.

O prezo do cru brent, de referencia en Europa, sobe máis do 5 % e o do gas dispárase un 25 %.

A incerteza arrastra as bolsas de toda Europa

As principais bolsas europeas iniciaban a xornada con signo negativo. En concreto, París baixaba un 1,5 % e Londres un 1,2 %, mentres que Frankfurt e Milán caían un 2 % e un 1,5 %, respectivamente.

Neste escenario de incerteza, o prezo do barril de brent subiu este martes máis dun 5 % no mercado de futuros de Londres ata os 82 dólares por barril. Chegou a encarecer un 13 % a madrugada do luns tras a ofensiva lanzada polos EUA e Israel contra Irán. Mentres, o West Texas Intermediate (WTI), de referencia nos EUA, avanzou un 3,6 %, ata os 73,8 dólares.

No mercado de divisas, a cotización do euro fronte ao dólar colocábase en 1,1644 billetes verdes, en tanto que o interese esixido ao bono español a dez anos ascendía ata o 3,198 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade