Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller sofre a amputación dunha perna tras ser atropelada por unha moto en Marín

Unha muller sofre a amputación dunha perna tras ser atropelada por unha moto en Marín

A persoa que conducía a moto precisou asistencia médica tras saír disparada polo impacto e sufriu diversas fracturas

G24.gal 22/09/2025 10:28 Última actualización 22/09/2025 14:33

Unha muller, veciña de Bueu e de 72 anos, sufriu unha amputación dunha perna e entrou en parada cardiorrespiratoria tras ser atropelada por unha moto no municipio pontevedrés de Marín, na avenida Otero Ulloa na parroquia de Seixo.

Segundo a información trasladada polo 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 19:00 horas deste domingo e foron varias persoas as que deron a voz de alarma. Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que trasladaron a muller ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra. Pola súa banda, o piloto, de 42 anos e veciño de Pontevedra, conducía unha moto de gran cilindrada. Os dous permanecen ingresados no Hospital Montecelo de Pontevedra.

No operativo tamén participaron axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Marín.

Dáse a circunstancia de que hai pouco tempo houbo outro atropelo nun paso de peóns situado a escasos metros. Quéixanse de que nesta zona, limitada a 50 km/h, os coches pasan as moita velocidade.

Á espera de que se determinen os detalles exactos do sucedido, todo apunta a que se trata dun caso claro de imprudencia grave por exceso de velocidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade