Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de San Paio de Bergondo reclaman melloras na seguridade viaria

Os veciños de San Paio de Bergondo reclaman melloras na seguridade viaria

A zona é un punto negro da rede viaria que rexistra continuos accidentes de tráfico

G24.gal 23/12/2025 14:50

Este de San Paio é un dos puntos negros da rede viaria do concello de Bergondo. O último accidente ocorreu esta mesma semana cando un tráiler envorcou a carón dunha vivenda, afortunadamente sen causar danos persoais.

"Viña un autobús, retirouse á dereita para abrir espazo e deixalo pasar. Meteuse na beiravía e co movemento da carga, envorcou", conta un dos que viron o accidente.

Os veciños levan anos reclamando melloras na seguridade viaria. Hai zonas nas que os vehículos teñen que invadir o carril contrario para esquivar os peóns.

"Por aí non subo andando nin de broma. Xa houbo accidentes, morreu xente. Cando subo a Guísamo teño que coller o coche".

"O outro día fun ao médico e tívenme que tirar á beiravía. Por que si non teño que ir para o hospital".

As obras de mellora están pendentes dunha propiedade protexida por Patrimonio que impide ampliar a estrada provincial: "Fixeron un muro ilegal a principios dos 90 e o propietario conseguiu que Patrimonio lle protexera todo. Mesmo a casa", di un veciño.

A Deputación da Coruña comprometeuse a iniciar as obras de mellora antes do verán, pero os veciños piden celeridade.

"Así é todos os días. Eu persoalmente cando saio co coche saio por Cortiñán", asegura un veciño.

A estrada comunica dous polígonos industriais e serve ademais de conexión coa autovía A-6.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade