Detida en Vigo por estafar con contratos falsos 23.000 euros a unha compañía telefónica
Enganaba con identidades falsas que usaba na formalización de contratos para obter multitude de dispositivos electrónicos
Imaxe Policía Nacional
A Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal de Policía Xudicial da Policía Nacional detivo a unha muller que conseguiu estafar material 23.000 euros a unha compañía telefónica a través da formalización de contratos nos que usou identidades falsas para obter dispositivos electrónicos.
A muller, segundo informou este martes a Policía Nacional, está investigada como presunta autora dos delitos de estafa, falsidade documental e usurpación de estado civil, tras unha investigación iniciada por mor dunha denuncia presentada pola compañía telefónica.
A empresa afectada puxo en coñecemento da Policía Nacional a existencia dunha vintena de contratacións fraudulentas, mediante as cales a muller obtivo dispositivos electrónicos, principalmente teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, videoconsolas e outros aparellos similares.
Segundo a denuncia e a posterior investigación, a detida formalizaba contratos de subministración utilizando identidades usurpadas, o que lle permitía recibir os dispositivos asociados a compromisos de permanencia que posteriormente incumpría, xerando un prexuízo económico continuado para a compañía que ascende a máis de 23.000 euros.
Tras diversas xestións de investigación, análise documental e comprobacións técnicas, os axentes lograron identificar á presunta autora e procederon á súa detención a pasada semana nunha operación na que non se descartan novos arrestos.