Publicador de contidos

Publicador de contidos

Navalni morreu envelenado cunha toxina letal presente en ras velenosas, segundo cinco países europeos

Navalni morreu envelenado cunha toxina letal presente en ras velenosas, segundo cinco países europeos

Estímase que ese veleno é 200 veces máis potente que a morfina

Rusia sempre afirmou que Navalni morreu por causas naturais en prisión en febreiro de 2024,

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 14/02/2026 14:49

O líder opositor ruso Alexei Navalni morreu envelenado cunha toxina letal, presente en ras velenosas procedentes de América do Sur, informaron nun comunicado conxunto o Reino Unido, Suecia, Francia, Alemaña e os Países Baixos.

Estes países subliñaron que os seus respectivos gobernos chegaron a esta conclusión a partir de mostras tomadas de Navalni, que confirmaron de forma concluínte a presenza desta substancia denominada epibatidina.

Rusia sempre afirmou que Navalni morreu por causas naturais en prisión en febreiro de 2024, con todo, dada a toxicidade da epibatidina e os síntomas reportados, é moi probable que o envelenamento fose a causa da súa morte, engade a nota conxunta.

Estímase que ese veleno é 200 veces máis potente que a morfina, segundo afirmaron medios británicos.

O comunicado resalta que o líder opositor ruso perdeu a vida aos 47 anos mentres estaba nunha prisión de Siberia, o que significa que Rusia tiña os medios, o motivo e a oportunidade de administrarlle este veleno.

"O reiterado desprezo de Rusia polo dereito internacional e a Convención sobre Armas Químicas é evidente", engaden.

En agosto de 2020, o Reino Unido, Suecia, Francia, Alemaña, os Países Baixos e os seus aliados condenaron o uso de novichok por parte de Rusia para envelenar a Navalni, despois de que esa substancia fose utilizada por Rusia na localidade inglesa de Salisbury, en 2018, para tentar asasinar ao exespía ruso Sergei Skripal.

Estes últimos achados, subliñan, unha vez máis a necesidade de esixir responsabilidades a Rusia polas súas reiteradas violacións da Convención sobre Armas Químicas e, neste caso, da Convención sobre Armas Biolóxicas.

"Os nosos Representantes Permanentes ante a Organización para a Prohibición das Armas Químicas escribiron hoxe ao director xeral para informarlle desta violación por parte de Rusia da Convención sobre Armas Químicas. Preocúpanos ademais que Rusia non se destruí todas as súas armas químicas", indican.

O Reino Unido, Suecia, Francia, Alemaña e os Países Baixos afirman que utilizarán "todos os instrumentos políticos" ao seu alcance para seguir esixindo responsabilidades a Rusia.

Os medios británicos sinalan que non está claro como se administrou supostamente o veleno a Navalni.

A viúva do disidente ruso, Yulia Navalnaya, compareceu hoxe nunha rolda de prensa paralela á Conferencia de Seguridade que se celebra en Múnic para anunciar o achado.

Nesa rolda de prensa, a ministra británica de Exteriores, Yvette Cooper, dixo que desde a morte de Navalni, o Reino Unido investigou "con férrea determinación" a verdade sobre a súa morte.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade