Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan tres veciños de Vedra como presuntos autores dun delito de incendio forestal

Investigan tres veciños de Vedra como presuntos autores dun delito de incendio forestal

Os tres investigados realizaron unha queima de restos tras un aproveitamento de madeira

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 04/04/2026 10:41

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil da Coruña investiga dúas mulleres e un home como presuntos autores dun delito de incendio forestal por imprudencia grave.

Os feitos ocorreron tras ter coñecemento da existencia dun incendio no termo municipal de Vedra o 20 de marzo deste ano.

No transcurso da investigación, os gardas civís pescudaron que os tres investigados realizaban o aproveitamento da madeira de piñeiros e acacias dunha parcela, con autorización do dono.

Despois queimaron os restos non aproveitables e o lume permaneceu latente no interior da parcela durante varios días. En canto as condicións metereolóxicas foron propicias volveu reactivarse. 

Debido a falta de medidas de seguridade, o lume estendeuse á vexetación próxima, non alcanzando maior extensión grazas á rápida intervención dos medios de extinción.

 

A Consellería do Medio Rural mantén suspendidas ata novo aviso as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares por prevención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade