Cargando resultados...
Atopan un corpo aboiando nun edificio abandonado de Cervo
Axentes da Garda Civil atoparon o cadáver nun inmoble en ruínas de Lieiro
Edificio abandonado onde apareceu o cadáver. TVG
G24.gal
05/04/2026 02:07
Última actualización 05/04/2026 08:28
A Garda Civil localizou un cadáver aboiando no soto anegado dun edificio en ruínas na parroquia de Santa María de Lieiro, en San Cibrao, no concello de Cervo.
Segundo informou a AXEGA, a Axencia de Emerxencias Galega, o achádego produciuse ao fío das 21:30 horas deste sábado.
A Benemérita abriu unha investigación para identificar a vítima e esclarecer as causas da morte.