Conmemórase o Día Mundial sen tabaco, co foco nos graves problemas que provoca a nicotina
Os mozos entre 19 e 24 anos son máis de cigarro, un de cada catro fuma todos os días
O grupo máis novo, de 14 a 18, cambian o pito polo 'vapeo', porque cren que afecta menos á saúde, pero os expertos advirten de que é igual de daniño
Con todo, os estudos afirman que máis do 75 % das persoas está a favor dos espazos sen fume e nas últimas dúas décadas o consumo reduciuse un 10% na poboación
Este domingo é o Día Mundial sen tabaco e queremos deternos nesta enfermidade.
Manuel é un dos pacientes do doutor Hugo Gómez, neumólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
"Estamos con Manuel e a verdade é que estas enfermidades como a EPOC son causada polo tabaquismo. O que lle trasladamos á mocidade é que non se adiccionen ao tabaco aos cigarrillos electrónicos ao vapeo porque poden acabar desenvolvendo por exemplo unha EPOC como ten Manuel", di o doutor.
O tabaco é a primeira causa de morte precoz en todo o mundo. O tabaquismo é unha enfermidade crónica e adictiva.
"É a cousa máis mala (o tabaco)", di Manuel, enfermo de EPOC.
"Moitos dos pacientes que temos nós hospitalizados, con osíxeno, con máscara, con ventilación mecánica... foron fumadores de xeito activo. Detrás do tabaco hai enfermidades como a EPOC, terceira causa de morte a nivel mundial, a cuarta que é o cancro de pulmón, e as enferm¡dades cardiovaculares, que están nos primeiros escalóns de morte", engade o neumólogo Hugo Gómez.
Actualmente afecta ao quince por cento da poboación española, e aínda que estamos en mínimos históricos a loita por concienciar dos perigos do tabaquismo segue a ser moi necesaria. O obxectivo: reducir ao máximo a porcentaxe de adictos á nicotina.
Para informar aínda máis á cidadanía dos seus perigos son moi necesarias as campañas de concienciación.
"Deberiamos abordar este tema nos colexios, nas clases, que tamén desde a propia familia que lles expliquen que iso non é bo, que non deben usar nin tabaco nin substancias como o vaper", destaca Isabel Pereira. Enfermeira especialista do centro de Saúde da Ponte.
Os expertos defenden o encarecemento do prezo do tabaco e aumentar os espazos libres de fume como nas terrazas.
"Se está motivado, plantéxese un día e déixeo, se non é capaz só, pode pedir axudar á súa enfermeira ou médico", dille a enfermeira a un home que fuma.
E todo este esforzo porque fumar mata.