Publicador de contidos

Publicador de contidos

As empresas poden esixir que os traballadores recuperen o tempo en que saen fumar

As empresas poden esixir que os traballadores recuperen o tempo en que saen fumar

O Tribunal Supremo respaldou esta medida cando se fan pausas non regulamentarias durante o horario de traballo 

O traballador só ten dereito a fumar no tempo de descanso establecido polo Estatuto dos Traballadores ou polo convenio colectivo

G24.gal 26/04/2026 14:24

O rexistro obrigatorio de fichaxe de entrada e saída dos traballadores vixente desde 2019 puxo de manifesto en moitas empresas as pausas que os fumadores fan para botar un cigarro ou vaporear.

"O Tribunal Supremo di: como hai que rexistrar a xornada tanto de inicio como de fin, as paradas que poden marcar unha interrupción dentro da actividade hai que computalas e descóntanse porque non é tempo efectivo de traballo" explica o avogado laboralista Javier de Cominges Cáceres

Isto significa que as empresas poden obrigar a recuperar ese tempo. O Estatuto dos Traballadores establece o dereito a ter un mínimo de 15 minutos de descanso nas xornadas de máis de seis horas e moitos convenios colectivos contemplan este período como tempo efectivo de traballo e polo tanto non recuperable. Del botan man os fumadores

"Na nosa empresa nunca nos dixeron nada. Eu fumo no descanso do traballo", di unha fumadora

"Nunha empresa onde estás traballanado eu entendo que se fas unha parada tes que recuperar o tempo despois. Se fumas dez cigarros ao día estás perdendo vinte minutos de media", di outro fumador

O que non se pode é usar eses 20 minutos para facer paradas intermitentes

" Non se pode repartir porque esixe a realización de seis horas previamente a facer o descanso. É dicir, o descanso responde á fatiga acumulada dunha xornada", aclara Javier de Cominges

Evitar fichar nas saídas para fumar pode conlevar suspensións de emprego e soldo ou incluso un despedimento se é un feito reiterado. Só se contemplaría a adición se hai prescrición médica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade