Publicador de contidos

Publicador de contidos

A comunidade de veciños dun edificio de Vigo aproba a prohibición de fumar nas fiestras e nas terrazas

A comunidade de veciños dun edificio de Vigo aproba a prohibición de fumar nas fiestras e nas terrazas

A acta da comunidade de veciños fala da prohibición de fumar e vapear se desde esos espazos de uso privativo

G24.gal 03/05/2026 20:01

A acta dunha reunión de veciños dun edificio de Vigo, cun único voto en contra, conclúe que queda prohibido fumar nas fiestras e terrazas. E agora xa son outras comunidades veciñais as que estudan votar e poñer en práctica a mesma medida.

O edificio está situado na rúa Jacinto Benavente e a acta redactada na última reunión da comunidade de veciños fala da prohibición de fumar e vapear se desde esos espazos de uso privativo, as fiestras, os patios, as azoteas particulares,  se proxecta ou inflitra a lugares comúns ou outras vivendas o fume, o vapor ou a cinza.

Baixo o argumento legal de que un individuo non ten por que ser un fumador pasivo, son moitas as comunidades veciñas as que xa programaron reunións onde na orde do día se propón votar esta prohición. Así que o debate está na rúa, ou polo menos, nas comunidades de veciños...

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade