Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Kremlin ante unha posible saída dos EUA da OTAN: "É unha alianza hostil"

O Kremlin ante unha posible saída dos EUA da OTAN: "É unha alianza hostil"

Putin considera que a Alianza Atlántica é a principal responsable da actual guerra en Ucraína

Sputnik/Vyacheslav Prokofyev Sputnik/Vyacheslav Prokofyev
G24.gal 02/04/2026 11:48

O Kremlin asegurou hoxe que a OTAN é "unha alianza hostil" para Rusia en reacción a unha posible saída dos Estados Unidos do bloque occidental pola negativa europea a apoiar a guerra en Irán.

"Respecto á OTAN, é unha alianza hostil para nós. Unha alianza que nos considera o seu inimigo e que toma as correspondentes accións hostís ", dixo Dmitri Peskov, portavoz presidencial, na súa rolda de prensa telefónica diaria.

En senllas entrevistas co diario británico The Telegraph e a axencia Reuters, Trump asegurou o mércores que estuda seriamente abandonar a Alianza Atlántica despois da guerra en Oriente Medio.

"Nunca me emocionou a OTAN. Sempre souben que era un tigre de papel e o presidente ruso, (Vladímir) Putin, tamén o sabe,", sinalou e lembrou que, aínda que "Ucraína non era o noso problema (...), estivemos aí".

Putin considera que a OTAN é a principal responsable da actual guerra en Ucraína debido á súa expansión cara ás fronteiras rusas desde 1997, ao que -segundo o Kremlin- os líderes occidentais prometeron que non farían xusto antes da caída da Unión Soviética.

Á súa vez, Rusia non esperaba que os EUA e os países europeos apoiaran a Ucraína en caso de invasión e, de feito, nos últimos dous anos o Kremlin asegura que, en realidade, no país veciño non só combate contra as tropas ucraínas, senón tamén contra a OTAN.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade