Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irán ataca Israel despois de que Trump dixese que estaba "decimado"

Irán ataca Israel despois de que Trump dixese que estaba "decimado"

O secretario xeral da OTAN, Mark Rutte, viaxará a semana próxima a Washington, tras a ameaza de Trump de retirar o seu país da Alianza pola falta de apoio á guerra

Lanzamento dun mísil desde Irán (Reuters) Lanzamento dun mísil desde Irán (Reuters)
G24.gal 02/04/2026 09:01

Irán lanzou unha nova onda de mísiles contra Israel despois de que Trump asegurase que as capacidades militares persas foran "decimadas", segundo informaron as Forzas de Defensa de Israel e axéncialas iranianas Fars e Tasnim.

O grupo xiíta libanés Hezbollah tamén atacou posicións militares hebreas ao norte de Israel. Segundo a televisión Al Manar, afiliada a Hezbollah, os foguetes dirixíronse cara ás localidades de al-Malikiyah, Yir’on e Even Menachem, tres zonas fronteirizas que foron branco recorrente de ataques atribuídos á milicia.

Na tarde do mércores, o exército de Tel Aviv detectou o lanzamento duns 10 mísiles desde Irán cara ao seu territorio, a cifra máis elevada de proxectís desde principios da guerra.

No seu discurso televisado, Trump asegurou que os EUA completarán os seus obxectivos militares en Irán nunhas "dúas ou tres semanas" e ameazou ao réxime iraniano con "devolvelos á Idade de Pedra".

O secretario xeral da OTAN, Mark Rutte, viaxará a semana próxima a Washington, onde se reunirá con Trump, unha visita que chega despois de que o republicano ameazase con retirar o seu país da Alianza ante o escaso apoio mostrado cara á guerra contra Irán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade