Falece aos 94 anos Josefa Besteiro, nai do líder do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro
"Nestes momentos de dor, queremos trasladarlle a el e a toda a súa familia o noso afecto, o noso cariño e o noso acompañamento. Estamos convosco", publicou o PSdeG en redes
Gómez Besteiro, durante un Comité Nacional do PSdeG en Santiago. EFE/Xoán Rey.
A nai do líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, faleceu este xoves aos seus 94 anos. María Josefa Besteiro era viúva de Jesús Gómez López e nai de tres fillos, Lali, Jesús e o líder socialista, que é o pequeno dos tres.
Aínda que era natural de Castroverde (Lugo), a familia viviu case sempre na capital da provincia. Precisamente, será no tanatorio de Lugo onde será velada esta tarde.
O PSdeG publicou unha mensaxe en redes sociais co que lamenta a perda: "Nestes momentos de dor, queremos trasladarlle a el e a toda a súa familia o noso afecto, o noso cariño e o noso acompañamento. Estamos convosco".
A familia socialista lamenta profundamente o falecemento da nai do noso secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro @jrgomezbesteiro .
— PSdeG Socialistas de Galicia (@socialistas_gal) April 2, 2026
Nestes momentos de dor, queremos trasladarlle a el e a toda a súa familia o noso agarimo, o noso cariño e o noso acompañamento. Estamos… pic.twitter.com/rZCNDVimP3