Publicador de contidos

Publicador de contidos

O portavoz do PSdeG de Cospeito pasa a non adscrito ao reabrirse o caso de agresión a súa parella

O portavoz do PSdeG de Cospeito pasa a non adscrito ao reabrirse o caso de agresión a súa parella

Daniel Irimia fora denunciado o ano pasado e, tras o arquivo en primeira instancia este ano, a muller recorreu á Audiencia Provincial, que decidiu reiniciar o procedemento

Nun comunicado asegura que deixa o grupo socialista para "non danar nin un mínimo ao partido e compañeiros" 

G24.gal 26/05/2026 19:39

O portavoz do PSdeG no concello de Cospeito anuncia que deixa o grupo e pasa a non adscritos. A decisición chega tras coñecerse a reapertura dunha causa xudicial que estaba arquivada en primeira instancia. 

En xullo de 2025 Daniel Irimia foi detido por agredir a súa parella nunha voda. Tras pasara disposición xudicial, quedou en liberdade, investigado por un delito de lesións. O xulgado de Vilalba acordaba a comezos deste ano o sobresemento da causa. Contra o arquivo recorreu a muller e agora, a Audiencia Provincial de Lugo decidiu reabrir a investigación.

Tras coñecerse a reapertura do caso, Daniel Irimia, nun comunicado difundido a través das redes sociais, anunciaba que deixaba o grupo socialista e pasaba ao de non adscritos.

O edil asegura que toma a decisión para "non danar nin un mínimo ao partido e compañeiros" e xustifica o paso a non adscritos porque "ten todo o sentido do mundo ser voceiro dos que están conmigo, voten ou non ao Partido Socialista".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade