Publicador de contidos

Publicador de contidos

Socialistas e nacionalistas plantan as convocatorias de apoio a Ceuta convocadas pola FEMP

Socialistas e nacionalistas plantan as convocatorias de apoio a Ceuta convocadas pola FEMP

PSdeG e BNG acusan ao PP de "hipocresía política" 

Os populares defenden que reclaman solucións e pídenlle á oposición que "deixen de enredar"

Este martes celebrousea primeira xunta de voceiros do Parlamento galego
G24.gal 01/09/2026 14:12 Última actualización 01/09/2026 14:58

O curso político arranca en Galicia igual que rematou. Fractura total entre bloques. Unha distancia que mañá mesmo vai saltar dos despachos ás rúas das vilas e cidades. 

O motivo son as concentracións de apoio a Ceuta convocadas a nivel estatal. Unha chamada ás portas dos concellos que buscaba unha imaxe de unidade, pero que non se producirá. 

Socialistas e nacionalistas plantan formalmente a convocatoria. A esqueda acusa o PP de hipocrisía política. 

Pero o PP non se sente só. Defenden que estarán presentes en cada praza para pedir solucións.

As concentracións faranse ás portas dos concellos. Nas grandes cidades, haberá na Coruña, Santiago, Ferrol, Vigo e Pontevedra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade