Cargando resultados...
Pídenlle 1,6 millóns de euros á empresa eléctrica responsable do incendio de xuño en Padrón
Son case 885.000 polos gastos para apagar as lapas e outros 700.000 polos danos causados nos montes veciñais que teñen contrato coa Xunta
Europa Press-Arquivo
G24.gal
01/09/2026 13:01
O Consello da Xunta deu luz verde este martes á reclamación de case 1,6 millóns de euros por danos, prexuízos e gastos de extinción á compañía eléctrica responsable por neglixencia dun incendio rexistrado en Padrón o pasado mes de xuño: case 885.000 polos gastos que implicou apagar as lapas e outros 700.000 polos danos causados ao destruír árbores nos montes veciñais que teñen contrato coa Xunta.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que os propietarios, xa sexan particulares ou empresas, de parcelas próximas a vivendas teñen a obriga de telas rozadas e limpas.