Os aranceis xa se deixan notar nas compras en liña
O pago de 3 euros por cada produto que mercamos fóra da UE quere frear o impacto ambiental e socioeconómico fronte o auxe das plataformas asiáticas en liña
Máis do 90 % do que se merca fóra de Europa procede da China
Pagar 3 euros de taxas por produto en calquera compra en liña que fagamos fóra da Unión Europa xa non é tan barato para o consumidor naquelas compras inferiores a 150 euros. Estes aranceis para os paquetes procedentes sobre todo da China provocaron a caída das importacións entre un 30 e un 40 %. Miguel López, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia.
"Estamos a falar de mercar en condicións de igualdade e tendo mellores cobertura de garantías e dereitos para as persoas e apostando pola sustentabilidade".
Deste xeito quérese protexer o sector comercial e reducir o impacto ambiental e socioeconómico. E, aínda que para o consumidor os prezos están na cúspide da pirámide, si que lles empeza a preocupar, sobre todo se queremos facer unha devolución a través destes xigantes asiáticos. Ese reembolso non sairá de todo gratis. Miguel López da Unión de Consumidores de Galicia.
"Cando falemos do dereito de devolución ou mesmo de desestimento non está garantido que nos vaian a devolver o diñeiro correspondente precisamente a estes aranceis. Iso é unha cuestión importante e aquí estamos agora empezando a traballar".
A este gravame sumarase en outono a taxa de xestión aplicable tamén nas compras en liña que se realicen en países de fóra do marco europeo, que podería ser de 2 euros. Un suma e segue que ten como obxectivo plantarlle cara a un mercado que se duplican cada ano con produtos, ou mellor dito paquetes, onde o 90 % poceden da China.