Rusia pide a España probas sobre a súa suposta implicación na crise migratoria de Ceuta
O Goberno di ter evidencias de que Rusia e Israel amplificaron a crise e acusa o PP de actuar con "irresponsabilidade" ao alentar os contos que falan da implicación de Marrocos
Arquivo/Marcos Moreno/Europa Press
O Ministerio de Exteriores de Rusia pediu este martes a España probas sobre a súa suposta implicación nunha campaña de desinformación que provocaría a crise migratoria na cidade autónoma de Ceuta.
"Cando hai acusacións debe haber feitos concretos que despois requiren verificación", dixo María Zajárova, portavoz de Exteriores. "Sen feitos, sen materiais apoiados con cifras, datas e nomes, simplemente non hai nada de que falar".
Zajárova sinalou que existen outras canles para presentar queixas a Moscova sobre casos de ciberataques, ademais da Embaixada rusa en Madrid ou a propia ONU.
"Madrid non fixo nada disto e enseguida correu aos micrófonos para facer declaracións sen materiais que as apoien", indicou.
O Goberno asesgura ter "evidencias" de que Rusia e Israel amplificaron a crise ceutí
A portavoz do Gobierno, Elma Saiz, asegurou que ten "evidencias" de que "foros dixitais" tanto de Israel como de Rusia amplificaron o sucedido en Ceuta para polarizar e fracturar a UE. Acusa o PP de irresponsabilidade por alimentar "os contos e a desinformación" en relación con Marrocos.
Na comparecencia de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros deste martes, Saiz volveu facer fincapé en que na Moncloa traballan con evidencias e "non existe ningunha evidencia, ningún informe, ningún indicio de que Marrocos participase no que ocorreu o 30 e 31 de xullo".
Si as ten sobre o papel que desempeñou a que denominou "internacional ultra". Neste senso, remitiuse a "informes internos" do Ministerio de Asuntos Exteriores, e destacou que a Comisión Europea o 6 de agosto tamén sinalou a Rusia como un "foco de desinformación" ante o acontecido en Ceuta.
Ao seu xuízo, é "asombroso" que o PP abandonase " totalmente a súa responsabilidade institucional" e decidise deixar de ser un partido de Estado para actuar con "unha tremenda irresponsabilidade" e alentar os contos que falan da implicación de Marrocos.