O Goberno investirá este ano 309 millóns de euros para apoiar economicamente a Ceuta
100 millóns serán para a acollida de menores e 80 millóns destinanse a paliar as perdas ocasionadas pola crise migratoria entre empresas e traballadores
Segundo o vicepresidente do Goberno, Carlos Cuerpo, a inxección "supera amplamente" a estimación de perdas realizada pola Cámara de Comercio
Aumenta a tensión en Ceuta mentres asociacións cidadás piden que non se criminalice os migrantes
O Consello de Ministros deu luz verde este martes a unha serie de medidas para apoiar e dinamizar a economía de Ceuta que supoñerán mobilizar 309 millóns de euros no que queda de ano.
Segundo explicou o vicepresidente primeiro e ministro de Economía, Carlos Cuerpo, este plan de apoio a Ceuta pretende cubrir as necesidades da cidade autónoma en materia de seguridade, reforzo dos servizos públicos, apoio a empresas e traballadores e mellora da atención humanitaria.
Segundo sinalou, o obxectivo é "dar confianza e tranquilidade" á cidade tras a entrada masiva de migrantes sufrida os pasados 30 e 31 de xullo. "Somos conscientes da necesidade urxente de actuación para devolver á cidade de Ceuta a tranquilidade e confianza que necesitan os seus cidadáns", concluíu.
O plan estrutúrase en catro eixes. Dos 309 millóns, uns 118 investiranse no sistema de acollida dos menores migrantes. Haberá tamén un reforzo da seguridade, á que se dedicarán 90 millóns de euros e 80 millóns serán para paliar as perdas ocasionadas a empersas e traballadores pola entrada masiva de migrantes. Segundo Cuerpo, esta cantidade, que supera o 4 % do PIB, "supera amplamente" as estimacións de 30 millóns de euros realizadas pola Cámara de Comercio.
O Goberno atende 1.612 menores en Ceuta
Na comparecencia de prensa posterior ao Consello de MInistros, o titular de Política Territorial, Ángel Victor Torres, sinalou que o Goberno habilitou 6.000 prazas para atender os migrantes que entraron en Ceuta, o que supón multiplicar por sete a capacidade existente ata a data.
Segundo dixo, desde o pasado 10 de agosto 3.519 migrantes regresaron de forma voluntaria a Marrocos e outros 214 foron expulsados.
Na actualidade, o Ministerio da Infancia atende 1.612 menores. Deles, 1.129 entraron despois da avalancha do 30 e 31 de xullo e outros 500 antes da entrada masiva de migrantes. "Cantos quedan na cidade de Ceuta que non fosen afiliados? Ese dato exacto é imposible dalo, nin o Goberno de España nin tampouco a autoridade local", admitiu o ministro.
Segundo salientou, o que hai que facer "canto antes" é acelerar os procedementos administrativos e facelo con garantías. Nese senso, o Goberno destinará 63 millónss de euros para a acollida, a asistencia letrada e a atención dos menores non acopañados, tanto desde o punto de vista psicosocial, educativo e sanitario.
Torres confía en que o curso escolar "comece con normalidade" na cidade autónoma
A vontade do Goberno é que o curso escolar comece "con absoluta normalidade" en Ceuta o próximo 8 de setembro.
En comparecencia de prensa tras o Consello de Ministros, o responsable do mando único operativo sinalou que este martes incorporáronse este un total de 1.749 profesores en centros públicos e concertados e que haberá reunións con todos os equipos directivos dos centros.
"A vontade é que, como o resto de España, comece o curso con absoluta normalidade", subliñou. Para iso, indicou o Goberno está "a reforzar medidas", entre elas, a vixilancia nos centros educativos e rutas escolares de Ceuta, con presenza de efectivos das forzas de seguridade nas zonas próximas a colexios e institutos durante os horarios lectivos.
O Executivo traballa tamén para axilizar os procedementos para que o regreso á casa dos migrantes que entraron de xeito irregular se faga con todas as garantías e a normalidade poda regresar a Ceuta "canto antes".