Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez entende que moitos ceutís pensen que a resposta do Estado é insuficiente

Sánchez entende que moitos ceutís pensen que a resposta do Estado é insuficiente

O presidente do Goberno afirma que se están mobilizando todos os recursos posibles para que a cidade recupere canto antes a normalidade e está convencido de que Ceuta "sairá reforzada" desta situación

Vídeo difundido polo presidente, Pedro Sánchez, co gallo do Día de Ceuta (EFE) Vídeo difundido polo presidente, Pedro Sánchez, co gallo do Día de Ceuta (EFE)
G24.gal 02/09/2026 13:01

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, felicitou os ceutís no día desta cidade autónoma e asegurou entender que moitos deles pensen que a resposta do Estado é insuficiente ata que non se recupere a normalidade.

"Como dixen o 31 de xullo na cidade, fágome cargo de que, para moitos de vós, ata que non se recupere a normalidade, a resposta do Estado é insuficiente", indicou o presidente nun vídeo que publicou en X.

Sánchez agradeceu ao pobo ceutí "a serenidade, a solidariedade e a responsabilidade que demostrou durante estas semanas", e recoñeceu que "o ocorrido" a finais de xullo en Ceuta "puxo ao límite a nosa capacidade de resposta a unha crise tan complexa".

O presidente do Goberno insiste en que se están mobilizando todos os recursos posibles para que a cidade recupere canto antes a plena normalidade, e amósase convencido de que Ceuta "sairá reforzada" desta situación.

A prioridade do Gobierno, destacou, é "sacar á xente das rúas, garantir unha atención digna a quen chegou e devolver aos ceutís a tranquilidade que merecen", ademais de lembrar as medidas de apoio a Ceuta aprobadas polo Consello de Ministros o martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade