Publicador de contidos

Publicador de contidos

A FEMP convoca concentracións en toda España en apoio a Ceuta: "Non son contra ninguén"

A FEMP convoca concentracións en toda España en apoio a Ceuta: "Non son contra ninguén"

O PSOE considera partidista esta convocatoria, que conta co apoio do PP e de Vox

A presidenta da FEMP nega que esteamos ante unha concentración política, di que moitos socialistas se van adherir e que se o PSOE se dá por aludido é porque sabe que non está actuando ben

Están previstas para as 20:00 da tarde fronte aos consistorios 

Concentración este martes na Praza de África en Ceuta en sinal de protesta pola crise migratoria que atravesa a cidade autónoma (EFE/Reduan) Concentración este martes na Praza de África en Ceuta en sinal de protesta pola crise migratoria que atravesa a cidade autónoma (EFE/Reduan)
G24.gal 02/09/2026 08:44

A Federación de Municipios e Provincias (FEMP) convocou para este mércores, Día de Ceuta, concentracións de apoio á cidade autónoma en todos os municipios españois pola crise migratoria. Terán lugar fronte ás sedes dos consistorios a partir das 20:00 da tarde. PP e Vox chaman a participar neste acto que o Goberno considera partidista.

A dirección do PSOE criticou esta convocatoria ao considerar que a decisión se tomou de forma unilateral e sen acordo por parte da Federación, que preside a popular María José García-Pelayo. Con todo, algúns municipios socialistas vanse sumar e outros convocaron concentracións solidarias con Ceuta, á marxe da oficial da FEMP.

Nunha entrevista no Bos días, a presidenta da Federación insistía en que esta concentración non é contra ninguén. Afirma que se o Goberno e o PSOE se dan por aludidos é porque consideran que non o están facendo adecuadamente, e así o reflicte, afirma, o infome da policía sobre a entrada masiva de migrantes coñecido este mércores.

García-Pelayo está convencida de que as concentracións serán masivas e pacíficas e insiste: "A finalidade delas é dicirlle a Ceuta que estamos con eles".

Á marxe das convocadas pola FEMP, haberá outras concentracións en Madrid en solidariedade con Ceuta. Celebraeranse fronte ao Congreso baixo o lema Ceuta únenos, na Praza de Callao contra o racismo e na Porta do Sol de Madrid.

A convocatoria da FEMP avivou o cruzamento de reproches entre o Goberno, que as tacha de partidistas e instrumentalizadas, e o PP, que acusa o Executivo de instar os cargos territoriais a non a secundaren e de tentar prohibilas, un extremo negado polo Executivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade