Marlaska pide explicacións por un informe policial que atribúe a Marrocos a entrada masiva de inmigrantes en Ceuta
Marlaska pide explicacións por un informe policial que atribúe a Marrocos a entrada masiva de inmigrantes en Ceuta
El Español publica que a policía enviou un informe á xuíza da Audiencia Nacional María Tardón en que recolle que a invasión de Ceuta foi guiada por xendarmes marroquís para colapsar o sistema
O ministro do Interior enviou unha carta ao máximo responsable da Policía para que lle aclare a veracidade deste informe e lle indique desde cando coñecía esta información
O PP pide a dimisión de Marlaska e esixe a Sánchez que convoque de inmediato a embaixadora de Marrocos
Albares sinala de novo a Rusia e ve inaceptable que países europeos "amplifiquen a desinformación"
O ministro do Interior Fernando Grande-Marlaska pídelle explicacións ao director xeneral da policía, Francisco Pardo, despois de que o dixital El Español publicase que a Comisaría Xeral de Estranxeiría e Fronteiras informou á maxistrada da Audiencia Nacional María Tardón que a invasión de Ceuta foi guiada por xendarmes marroquís ás ordes de axentes de paisano.
Nunha carta remitida esta madrugada ao responsabe do corpo, Marlaska esixe saber desde cando dispoñía a Policía Nacional desa información, xa que, de ser certa, matiza: "Estamos ante unha información esencial para que, como ministro do Interior, poida exercer a miña responsabilidade e o Goberno poida adoptar as decisións oportunas en relación coa crise migratoria de Ceuta, con independencia das dilixencias xudiciais que poidan practicarse".
Da misiva despréndese que o ministro do Interior soubo pola prensa deste informe que contradi a información ata agora difundida polo Goberno, que negou ata este momento calquera participación de Marrocos.
Segundo publica El Español, a unidade de intelixencia da Comisaría de Estranxeiría comunicaríalle á xuíza María Tardón que a entrada masiva de migrantes desde Marrocos a Ceuta os días 30 e 31 de xullo foi un proceso planificado, unha acción guiada por xendarmes marroquís ás ordes de axentes de paisano co obxectivo de colapsar o sistema de control fronteirizo e eliminar a capacidade de resposta de España.
O informe, segundo este diario dixital, vincula estreitamente a operación coa reivindicación territorial de Rabat sobre as cidades españolas de Ceuta e Melilla.
Bolaños: "É o momento da cautela, de analizar en profundidade ese informe e coñecer todos os detalles"
O Goberno estuda o informe policial que apunta a que axentes marroquís guiaron a entrada masiva de migrantes a Ceuta. O ministro de Xustiza, Félix Bolaños, asegura que o Executivo tico coñecemento do mesmo a través da informacion difundida por El Español, e sinala que non se van pronunciar sobre unha eventual responsabilidade de Marrocos ata que teñan información "fiable, obxectiva e acreditada".
"É o momento da cautela -afirma Bolaños-. Non queremos adiantar acontecementos. Cando teñamos coñecemento, pois veremos, pero hoxe por hoxe o que corresponde é que teñamos a información en detalle e en profundidade".
O ministro nega que o Goberno ocultase información á cidadanía, e insiste en que está informando cos datos que teñen ao seu alcance. Afirmou, así mesmo, que non se pronunciarán sobre Marrocos ata coñecer todos os detalles.
O PP pide a dimisión de Marlaska e esíxelle a Sánchez que chame a consultas a embaixadora de Marrocos en España
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, acusou este mércores ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, de ocultar os informes sobre a chegada masiva de migrantes a Ceuta e remarcou: "sabíao e tapouno.
En declaracións aos medios tras asistir ao acto institucional con motivo do Día de Ceuta na cidade autónoma, o líder do PP sinalou que o ocorrido en xullo non foi un movemento migratorio espontáneo.
Feijóo insiste en que a operación foi coordinada por Marrocos e esixiulle a Sánchez que convoque de inmediato a embaixadora de Marrocos en España para pedirlle explicacións e para "anunciarlle medidas de resposta iniciais". Tamén reclama a Exteriore que chame a consultas o embaixador de España no país veciño para avaliar as medidas máis adecuadas.
Feijóo pronúnciase horas despois de que o secretario xeral do seu partido, Miguel Tellado, pedira a dimisión do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. Acúsao de mentir por dicir que non coñecía o informe da Policía que advertía da chegada masiva de migrantes a Ceuta a finais de xullo.
Segundo o o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, o ministro "non pode estar nin un minuto máis a cargo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado".
Hoy Marlaska se hace el sorprendido con un informe de la Policía que advertía de la invasión de Ceuta. Lo negó durante un mes y ha quedado en evidencia. Marlaska debe dimitir por sinvergüenza, incompetente y mentiroso.
— Miguel Tellado (@Mtelladof) September 2, 2026
No puede estar ni un minuto más al frente de las Fuerzas y…
Tamén pediu a dimisión de Marlaska a portavoz do PP no Congreso, Ester Muñoz, que nunha entrevista este mércores en esRadio acusou o Goberno de "mentir" e animaba a cidadanía a acudir ás concentracións convocadas pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), presidida polo PP: "É urxente que todos vaiamos a esas concentracións".