Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca o curso político, coa vista posta no novo ciclo electoral

Arranca o curso político, coa vista posta no novo ciclo electoral

Se tomamos como referencia o calendario, o vindeiro ano en Galicia haberá eleccións xerais e municipais

PSOE, BNG e PPdeG poñen o foco nos servizos esencias

O BNG celebrou a primeira reunión deste novo curso político
G24.gal 31/08/2026 13:45

O encoro de Baíña, en Baiona, marcou o inicio do curso para os do PSOE. Coa presa baixo mínimos, os socialistas denuncian falta de previsión da Xunta e esixen unha mellora urxente das infraestruturas. Lanzan esta proposta. 

A auga escasea e o custo da vida dispárase. E aí é onde o BNG sitúa a súa prioridade. Os nacionalistas propoñen destinar 400 millóns de euros a protexer as economías familiares con dous eixes principais, a vivenda e o transporte. 

Investimentos sociais, que, segundo o PP, esixen solucións desde Madrid. Os populares demanda un novo modelo de financiamento autonómico. Insisten en que a marxinación da Moncloa está a pór contra as cordas servizos básicos.  No PP falan de Goberno desnortado e instalado nunha absoluta inacción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade