Irán ataca con drons bases estadounidense en Xordania e nos Emiratos Árabes
Arquivo/Reuters
Irán lanza unha ofensiva contra bases estadounidenses en resposta ao bombardeo de Washington sobre a illa iraniana de Larak, situada no estreito de Ormuz.
A Garda Revolucionaria de Irán confirma un ataque de madrugada contra as bases e Al Azraq y Rey Hussein en Xordania que se produce horas despois da acción con drons contra unha base estadounidense nos Emiratos Árabes Unidos.
O obxectivo deste último ataque foron emprazamentos de persoal e helicópteros estadounidenses na base.
Xordania, mentres confirma que o bombardeo contra as bases estadounidenses no país non causaron danos xa que os mísiles foron interceptados e destruídos antes de que representaran unha ameaza para os seus cidadáns.
Senllas accións prodúcense "en represalia pola morte de membros da Garda Revolucionaria e civís" tras o ataque dos EUA contra a illa iraniana de Larak, situada no estreito de Ormuz. Unha acción que causou un número indeterminado de feridos e de vítimas mortais.
O ataque dos Estados Unidos é a primeira acción militar contra Teherán en aproximadamente un mes.
A Garda Revolucionaria confirma o ataque contra dúas bases americanas en Xordania e o derrubamento dun dron estadounidense de longo alcance no estreito de Ormuz.