Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez nega "contradicións" entre Robles e Marlaska e sinala: "Ninguén prediciu a avalancha" de Ceuta

Sánchez nega "contradicións" entre Robles e Marlaska e sinala: "Ninguén prediciu a avalancha" de Ceuta

O presidente do Goberno afirma que non hai ningunha información que apunte á participación de Marrocos na crise migratoria 

Sánchez ve "razóns suficientes" para que o Rei visite Ceuta e Melilla

O Goberno aprobará este martes bonificacións do 75 % das cotas que pagan as empresas á Seguridade Social tanto en Ceuta como en Melilla

G24.gal 31/08/2026 09:03

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou este luns que tanto o Centro do Intelixencia (CNI) como a Policía Nacional dispoñían de informes sobre a situación na fronteira de Ceuta antes de que se producira a avalancha dos días 30 e 31 de xullo, pero non da "magnitude" nin a "gravidade" do que aconteceu.

Nunha entrevista na Cadena Ser, o presidente explicou que en días previos á entrada masiva duns 72.000 migrantes en Ceuta, celebráronse diferentes reunións entre as institucións ceutíes e administración xeral encabezadas pola Delegación do Goberno.

"Ninguén prediciu que iamos ter una avalancha desas características"

Neses encontros, tanto o CNI como a Policía Nacional puxeron sobre a mesa informes sobre un aumento de fluxos irregulares, pero esta información "non era diferente á doutros veráns", cando se pruducen "estes picos" de intentos de entrada.

"Ninguén prediciu que iamos ter una avalancha desas características", deixou claro Sánchez. O presidente subliñou que "non existen contradicións" nas declaracións dos seus ministros sobre se houbo ou non informes porque "ninguén" negou que houbese informes de situación por parte do CNI.

O presidente desbota a posible participación de Marrocos na crise de Ceuta

O xefe do Goberno, Pedro Sánchez, aseverou que non existe "ningunha información" por parte das Forzas de Seguridade, o CNI ou mesmo outros servizos de intelixencia que apunte á participación "dunha ou outra forma" das autoridades de Marrocos na crise migratoria de Ceuta  do pasado 30 de xullo que ocasionou unha grave crise na cidade autónoma.

Tamén salientou Sánchez que a relación bilateral con Marrocos, que ten "moito ángulos e aspectos" relevantes, no ámbito da migración é "francamente positiva", e lembrou que as súas autoridades fixeron un amplo despregamento policial na zona de Castillejos en canto se desencadeou a crise para frear as entradas a Ceuta. 

Sánchez ve "razóns suficientes" para que o Rei visite Ceuta e Melilla 

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, considera que hai "argumentos e razóns suficientes" para que o Rei Felipe VI visite as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, algo que non fixo desde que chegou ao trono en 2014.

Segundo o xefe do Executivo "esa visita farase" cando se dean as condicións para iso.  Agora -matiza- é preciso que o Goberno e a Casa Real traballen para coordinar os pormenores desa visita.

Sánchez insiste en que Ceuta ten capacidade para aloxar os migrantes de desbota realizar traslados á Península

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, descartou este luns trasladar á Península parte dos migrantes chegados a Ceuta a finais de xullo e destacou que "nos próximos días" a cidade terá "capacidade suficiente" para aloxalos ao habilitarse 6.000 prazas.

O Goberno calcula que na cidade seguen arredor de 5.000 migrantes, dos que 1.200 son menores de idade. Segundo dixo, a prioridade do Executivo é que todos os expedientes dos menores se resolvan na cidade autónoma.

De acordo coas súas cifras, entre o 30 e o 31 de xullo chegaron unhas 70.000 persoas a Ceuta. Arredor do 90 % regresaron a Marrocos nos días seguintes; despois do 10 de agosto retornaron voluntariamente 3.222 persoas. O presidente sinalou que "a maior parte" dos que entraron de forma irregular fixérono por motivos económicos, polo que "moi previsiblemente" serán devoltos a Marrocos.

O Consello de Ministros aprobará bonificacións á Seguridade Social para as empresas de Ceuta e Melilla

O presidente avanzou que o Goberno aprobará no Consello de Ministros de mañá bonificación do 75 % das cotas que pagan as empresas á Seguridade Social tanto en Ceuta como en Melilla. Farao dentro do plan de medidas urxentes habilitado polo Goberno, que conta cun presuposto de 168 millóns de euros.

O plan, que inclúe axudas directas a pemes e autónomos para revitalizar a economía local tras a entrada masiva de inmigrantes, equivale ao 8 % do PIB da cidade autónoma.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade