Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia de Pontevedra confirma o arquivo da causa polo accidente do Marisquiño

A Audiencia de Pontevedra confirma o arquivo da causa polo accidente do Marisquiño

Quedan desestimados os cinco recursos interpostos por cinco afectados

Segundo o auto do tribunal, non se puido acreditar o autor específico ou o infractor do deber de coidado responsable do accidente

A vía penal do sinistro, ocorrido en agosto de 2018, queda así pechada

Europa Press Europa Press
G24.gal 23/12/2025 15:08

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra confirmou o sobresemento provisional acordado polo Xulgado de Instrución nº 3 de Vigo na causa que investigaba o accidente ocorrido en agosto de 2018 durante a celebración do festival O Marisquiño.

O órgano instrutor concluía no seu auto que "non foi posible identificar un responsable penal concreto da acción ou omisión que causou o accidente”.

Deste xeito, a Audiencia Provincial desestima os recursos interpostos por cinco afectados polo derrubamento da estrutura situada baixo o escenario, que solicitaban a continuación das actuacións penais contra varios técnicos do Concello e da Autoridade Portuaria de Vigo.

Os maxistrados subliñan que "non se anexaron indicios que permitan atribuírlles á investigados responsabilidade algunha por incumprimento do deber de vixilancia da estrutura", e engaden que a instrución practicada non permite soster a apertura dun xuízo oral.

Segundo o auto do tribunal, non se puido acreditar o autor específico ou o infractor do deber de coidado responsable do accidente.

Aínda que se investigou a funcionarios do Concello de Vigo e da Autoridade Portuaria, a Sala conclúe que ningún deles tiña competencias directas asignadas para o mantemento da zona colapsada no momento do sinistro, ou ben non se achegaron probas que demostrasen unha omisión neglixente das súas tarefas.

A resolución destaca a "prolixidade" e confusión existente sobre que administración era a competente para vixiar e manter a plataforma.

O TSXG sinalou no seu momento ao Concello como responsable do mantemento no ámbito administrativo, pero na vía penal esta responsabilidade non se traduce automaticamente nun delito para os seus técnicos, ao non constar plans de inspección específicos nin advertencias previas sobre o risco estrutural profundo dos elementos portantes.

O tribunal resalta que, segundo os informes periciais, a deterioración da estrutura pola acción da auga mariña era imperceptible desde a superficie e que os estándares técnicos da época de construción consideraban que o formigón era un material perenne que non requiría este tipo de inspeccións, o que impide reprochar penalmente aos investigados non detectar unha corrosión interna que non era visible nin esixible segundo a normativa técnica aplicada no seu momento.

Queda así pechada a vía penal, pero os prexudicados poden aínda seguir reclamando na xurisdición civil ou contencioso-administrativa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade