Galicia estrea o inverno coa reapertura da estación de Manzaneda
A estación reabre hoxe, martes 23 de decembro, con 16 pistas esquiables con máis de 12 quilómetros operativos e 4 remontes e unha cota de neve de 1200 metros en Galicia
Manzaneda acolle axente de toda España e conta con "cafeterías, autoservizo, restaurante, piscina, spa..."
A estación de Manzaneda (Ourense) reabriu este martes, 23 de decembro, véspera de noiteboa, para a primeira xornada na que poder practicar esquí en Galicia nesta tempada invernal. Segundo a información diaria que publica a estación de Manzaneda na súa web, neste primeiro día hai un total de 16 pistas abertas para esquiar con máis de 12 quilómetros operativos e 4 remontes.
Desde as primeiras horas deste martes puidéronse ver a esquiadores, deportistas con 'snowboard', así como familias e nenos xogando con bólas de neve e zorras que se achegaron ata esta estación da montaña ourensá nunha xornada con grande afluencia e un aparcamento cheo. A néboa e a auganeve marcou o tempo durante este día.
A cota de neve atópase este martes ao redor dos 1.200 metros en Galicia. MeteoGalicia informa de que a comunidade está baixo a influencia de baixas presións, polo que continuarán achegándose chuvascos desde o norte, máis probables na parte setentrional da comunidade.
A partir deste mércores, 24 de decembro, día de Noiteboa, comezará a influencia anticiclónica. Prevense mínimas de 5 graos en varias cidades e máximas de ata 14 graos en Vigo.
Manzaneda abre a temporada e retoma así á súa actividade tras meses de traballos de acondicionamento da contorna afectada polos incendios do verán.
Víctor Picos, director da estación de esquí de Manzaneda recalca todos os seus servizos: "16 pistas, temos as cafeterías, autoservizo, restaurante, piscina, spa..., temos de todo para gozar da familia".
Manzaneda recibe así xente de toda España: "Incribles as vistas, hai un montón de neve e de desfrutar, tiñamos moitas ganas de vir. El vén de Cataluña e eu, de Madrid".
A montaña volve respirar o ritmo de aventura e deporte coa paixón de poder escorregar sobre ese máxico brillo branco.