Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mala calidade do aire en varios puntos da provincia de Ourense polos incendios forestais

Mala calidade do aire en varios puntos da provincia de Ourense polos incendios forestais

A área Sanitaria de Ourense pide aos cidadáns reducir a exposición, sobre todo as persoas con enfermidades respiratorias

O cambio de vento previsto favorecerá a mellora progresiva da calidade do aire nas próximas horas

Incendios forestais na provincia de Ourense Incendios forestais na provincia de Ourense
G24.gal 19/08/2026 20:44

A calidade do aire en varios puntos da provincia de Ourense é mala debido ao fume dos incendios forestais do norte de Portugal. Segundo a información de Meteogalicia, as estacións de Xinzo de Limia e Gómez Franqueira teñen unha mala calidade do aire debido á presenza do contaminante PM10, formado por partículas sólidas ou líquidas de po, cinza ou feluxe.

A estación de Laza tamén reflicte unha mala calidade do aire por O3. Por iso, a área Sanitaria de Ourense pediu aos cidadáns reducir a exposición, especialmente en persoas con enfermidades respiratorias, manter as fiestras pechadas para que non entre fume, evitar facer exercicio físico ao aire libre, manterse ben hidratado e usar unha máscara FFP2 se se permanece no exterior durante tempo prolongado e hai moito fume.

Segundo as previsións meteorolóxicas, o cambio de vento previsto favorecerá a mellora progresiva da calidade do aire nas próximas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade